O municipio de Quiroga celebra esta fin de semana duas das
súas festas romanas. Estes dous festexos xa se veñen celebrándo nos últimos
anos nas localidades de Montefurado e Margaride
Durante a
fin de semana celebrarase a terceira edición dá festa romana dá parroquia de
Montefurado. O programa comprende un bateo de areas na praza do pobo ás cinco
da tarde do sábado e as sete unha charla cultural da historia de Montefurado.
Pola noite cea e festa cunha exhibición de loita de gladiadores a cargo dá
asociación Caetra Lucensium. O domingo pola mañá, a partir das once e mdia
instrucción para nenos e xogos e as doce e media unha representación da moeda e
da escritura romana.
A
máis veterana dás festas romanas do municipio, a dá parroquia de Margaride, celebrará
a súa cuarta edición o domingo 17. A asociación de veciños dá localidade, que
organiza o festexo, abrirá o programa cunh misa en latín as once da mañá. A
continuación farase un percorrido polas adegas dá zona e unha comida popular.
Pola tarde xogos populares, unha
exposición de olaría de Gundivós e unha conferencia sobre a minaría romana na
cova do Medo. A xornada rematará cunha festa amenizada pola charanga Nova
Terras de Trives.
No hay comentarios:
Publicar un comentario