O Concello ten á venda as entradas para participar na novena edición da
Festa da Comunidade e que este ano se celebra o venres día 8 de agosto no
parque da Constitución. Ante as posibilidades de choiva para esta xornada, a
comisión organizadora decidiu instalar unha carpa no recinto.
O menú desta
edición estará composto por paella de marisco, pan, bebidas variadas e como
postre tarrina de xeado. Unha vez máis o concello habilitará o recinto para que
os participantes poidan degustar a cea comodamente sentados en sillas e mesas.
As entradas
para a cea que comezará ás nove e media da noite teñen un cusot de 5 euros por
persoa.
As entradas
podense adquirir na: cafetería as Palmeras, bar Portón, bar Raposo,cafetería
Quiper, a Taberna, bar Lago, bar Felix, bar Zorro,bar Cantar Miudíño,bar
Recuncho de Dino, na tenda Todocien e no Centro Social. Dende a organización
tamén lembran, que como todolos anos, as entradas, poderanse adquirir no
recinto o mesmo día da cea.
Tras
a cea haberá festa popular amenizada polo dúo local Fondo Tropical.
No hay comentarios:
Publicar un comentario