RTMQ.-Semana
Santa perfílase como a data prevista para a apertura das novas salas do Museo de
Xeoloxía e Paleontoloxía de Quiroga. O
Concello de Quiroga calcula que as obras de ampliación do museo, que permitirán
o ensanche desta
edificación polos dous laterais, estarán
rematadas en dúas semanas.
Nestes momentos
trabállase na colocación do pavimento interior. Restaría a parte de climatización
e pintura na que se traballará a vindeira semana. O alcalde; Julio Álvarez,
supervisou esta ampliación que conta cunha axuda económica por parte da Axencia
de Turismo de Galicia de 80.000 €.
Unha empresa
encargouse de levantar os muros externos e agora os traballadores do Obradoiro
de Emprego, SilLor, están a facer os traballos interiores.
Estas obras permitirán o ensanche de todas as
salas o que se traducirá nun maior número de pezas que se poderán mostrar ao
público, que ata o de agora non podían amosarse por falta de espazo. A
ampliación permitirá tamén a creación dunha nova sala que servirá para proxeccións
audiovisuais.

O Museo Xeolóxico conta
na actualidade con cinco salas dedicadas a diferentes temas: a formación do territorio, a historia
paleontolóxica, a idade dos xeos, as primeiras ocupacións humanas da zona e
finalmente a que recolle a minería da zona
No hay comentarios:
Publicar un comentario