Ao redor das cinco da tarde do mércores prodúxose
un accidente ferroviario na estación de
ferrocarril San Clodio - Quiroga. Afortunadamente non houbo que lamentar
desgracias persoais, xa que o conductor dunha furgoneta, veciño de Quiroga,
saiu ileso do sinistro.
Á altura do paso a nivel que cruza San Clodio,
cando o conductor estaba a cruzar as vías, foi arrollado por un tren que saía
nese momento da estación, que procedente de Madrid ía dirección Vigo. O
sinistro produciuse ao parecer por un fallo no sistema de seguridade que fixo
que non se baixaran as barreiras de seguridade.
Á pesar de que o maquinista do tren tentou
avisar ao conductor coa bocina, xa non foi posible reaccionar o suficiente por
parte de ningún dos vehículos para evitar o encontronazo. O impacto fixo que a
furgoneta xirase sobre si mesma e quedase empotrada entre o tren e o muro que
separa as vías da rúa, levandose por diante o pilar da barreira de seguridade;
todo eso a pesar de que a velocidade do convoi non era excesiva pois o paso a
nivel apenas está separado uns 100 metros da estación de ferrocarril, punto no
que acababa de parar.
O conductor da furgoneta, Ramón Macía, de 53
anos de idade, non presentaba ningún rasguño a pesar que estar atrapado no
interior do vehículo. El mesmo indicou que as barreiras automáticas que regulan
o paso a nivel no que foi arroiado fallaron, xa que non estaban baixadas cando
el atravesaba o cruce. Algo que tamén corroborou o maquinista do tren que non
se explica o que puido suceder.
Persoal de Adif, que se personou no lugar do
sinistro, xa abriron unha investigación para exclarecer o sucedido.
Os viaxeiros
do ten, 62 neses momentos, foron trasladados aos seus puntos de destiño
en dous autobuses que os viñeron recoller á estación, xa que o tren sinistrado
quedou inmobilizado na propia estación xa que a vía pola que circulaba estaba
obstaculizada pola furgoneta sinistrada.
Non ocorreu o mesmo cos demais combois, xa que
podían circular pola outra vía libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario