A Confraría
do viño de Quiroga organizou un curso de viticultura e práctica de poda, que se
levaría a cabo dende o 9 de febreiro ata o día 12.
O curso, que ten un custo de 45 €, impartiríase na sala de catas
do museo Etnográfico de Quiroga, en horario de sete da tarde a nove e media da
noite. Este curso está deseñado para que o
participante: aprenda as nocions
fundamentais en viticultura razonada para unha perspectiva eficiente na explotación
vitícola; comprenda os efectos das prácticas culturais na viña, especialmente na
regulación do potencial vexetativo mediante a poda máis adecuada; sexa capaz de
xestionar o viñedo para unha boa relación calidade/producción, baixo calquera das
circunstancias que concurran e cos medios de que se dispoña; e adquira soltura e
bos hábitos na práctica da poda.
Cada xornada constará de formación
teórica con axuda de material audiovisual; opcionalmente Manual de Contidos do
Curso; formación práctica da poda no viñedo e interpretación de tablas,
análisis e parámetros dos solos. As clases formativas tamén incluen unha fase práctica e
unha visita a adega Alan de Val, na localidade da Rúa.
As persoas interesadas en recibir máis información ou en
participar no curso, no que colaboran o concello de Quiroga e a área de Cultura
da Deputación Provincial, deben
dirixirse á casa da cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario