A xefa
do Instituto de Calidade Alimentaria da Xunta, dependente da Consellería de Medio
Rural, reuniuse na tarde de onte con productores de aceite de Quiroga. Unha das funcións deste Instituto é promocionar
e protexer a calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos
aos distintos indicativos de calidade.
A xuntanza, que se levou a cabo na casa consistorial, era dar un paso máis
para, en palabras do alcalde de Quiroga, pelexar por un aceite único e xenuino
como é o de Quiroga.
Nesta primeira xuntanza, aínda que representantes do Instituto de
Calidade Alimentaria xa falaran con algún dos maiores olivareiros, foi
informalos de cara a tentar unha marca distintiva para o aceite de Quiroga.
Explicouselles como funcionan os distintos indicativos de calidade: como son as
denominacións de orixen ou as marcas de calidade. Os olivareiros decidiron comezar xa a traballar para acadar primeiramente a marca de calidade para o aceite de Quiroga.
Nestes momentos o Concello xa ten rexistrado o nome de “Aceite
de Quiroga” con dous principais fins: Certificar as características do producto
de forma que quenes queiran utilizar esta marca han de cumprir certos
requisitos tanto na producción, elaboración como comercialización do aceite. E
regular e ordenar as plantacións de olivares.
Para que os aceites poidan levar a etiqueta co nome de “Aceite de
Quiroga” é requisito necesario que a materia prima proceda integramente da zona
delimitada pola Comisión e aceptada en última instancia polo propietario da
marca. Ademais a súa elaboración tamén se realizará no devandito territorio e
exclusivamente con oliveiras das variedades aceptadas pola Comisión creada para
o seu cumprimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario