O Concello de Quiroga ten
organizado para o vindeiro domingo día 15
de febreiroo, o Desfile Concurso de Comparsas cos
seguintes premios para os participantes e gañadores:
*
Un primeiro premio de 500,00 €
*
Un segundo premio de 300,00 €
* Un
terceiro preio de 150,00 €
*
Cada comparsa participante recibirá 60€.
Ademais
das comparsas, que deben estar compostas de dez membros como mínimo, poden
participar disfraces individuais, nesta modalidade o máximo serán tres membros
por disfrace. Para os que se establece un único premio para esta
modalidade de 60,00€.
O
xurado estará composto por un membro de cada comparsa participante, que
valorará a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía de cada
comparsa, menos da que representa.
As
inscripcións deberán de realizarse na Casa da Cultura ou chamando ao teléfono
982435125, antes do día 12 de febreiro.
O
desfile empezará as 17:00h e percorrerá a Rúa Real dende a confluencia
desta coa Rúa Piscinas para rematar no Concello, onde comezará unha festa
amenizada polo duo Fondo Tropical e se fará entrega dos premios.
Dende a oficina de xuventude, organízase unha excursión para asistir á
tradicional saída do “Oso de Salcedo”. A viaxe terá lugar o luns día 16 de
febreiro e a saída será da casa de cultura ás 16:00 horas. Para asistir é
necesario ser maior de idade e apuntarse na casa de cultura ou no teléfono 982
435 125 antes do venres día 13.
Tamén o luns, terá lugar unha Festa Infantil
de disfraces, a partir das cinco da tarde no disco pub Yoya.
Ademais
o martes, día 17 de febreiro, o Centro Social celebra o martes de Entroido
cunha xornada gastronómica de animación e convivencia social,
gratuita para os seus socios. Ademáis dun baile de disfraces ao que poden
asistir todas as persoas que o desexen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario