A oficina de
Familia e Servizos Sociais do Concello informa de que se atopa aberto o prazo
de solicitude de prestación económica de pagamento único por fillos menores de
tres anos para este ano 2015.
Poden ser
beneficiarias destas axudas as pesoas con fillos menores de tres anos, é decir
nados entre o 2 de xaneiro do 2012 e o 1 de xaneiro deste ano; e que non
presentaran declaración polo IRPF tanto obrigadas como de xeito voluntario.
O prazo de
presentación das solicitudes remata o 11 de marzo.
Para máis
información ou para presentar as solicitudes deben dirixirse ás oficinas de
familia e servizos sociais do concello, en horario de dez a duas da mediodía de
luns a venres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario