Aínda non rematou o Entroido en Quiroga, xa que queda
pendente o desfile de comparsas que se aprazou por medo a que a choiva deslucira o
desfile; e quedou aprazado para este domingo.
O concurso, no que hai inscritos uns
doucentos participantes, repartidos en sete comparsas e dous disfraces
individuais, contará cun premio de 500 € para a comparsa gañadora, os segundos
clasificados recibirán 300 € e a comparsa que quede en terceiro lugar 150€.
Todos os demáis participantes, tanto comparsas como disfrace individual
recibirán 60 €.
O xurado estará composto
por un membro de cada comparsa participante, que valorará a orixinalidade dos
disfraces, a coreografía e a escenografía de cada comparsa, menos da que
representa.
O
desfile empezará as 17:00h e percorrerá a Rúa Real dende a confluencia desta
coa Rúa Piscinas para rematar no Concello, onde comezará unha festa amenizada
polo duo Fondo Tropical e se fará entrega dos premios.