Dende a área de xuventude do concello de Quiroga, organízase
para o mes de maio un OBRADOIRO DE SCRAPBOOK, que terá lugar o martes 8 e o
xoves 10 de 19 horas a 20:30 na aula da ludoteca municipal.
O scrapbooking é unha técnica coa que se personalizan albumes de
fotos, aínda que tamén se realizan tarxetas de todo tipo así como se modifican
diferentes obxetos, carteiras, libretas, carpetas, etc…é unha actividade que,
mediante procesos creativos, realiza composicións de recordos a través de fotos
e outros obxetos.
Os interesados en apuntarse deberán facelo na casa de cultura
antes do xoves 26 de abril, xa que o venres día 27 se realizará unha reunión
para mercar o material, único custo do curso, entre todos os asistentes. Tamén
haberá unha semana polo medio para poder compilar recordos, fotos e material
que se queira utilizar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario