O equipo de voleibol de 4º curso de
primaria do CEIP de Quiroga, proclamouse o sábado campión da provincia de Lugo
da súa categoría, logo dun emocionante partido disputado no Casa do Deporte de
Lugo fronte ao club EMEVE. Este equipo sorprendeu xa dende o principio do
campionato, ao non ter perdido ningún dos encontros xogados, primeiro na zona
sur, en Monforte, e logo na fase provincial, en Lugo.
O Colexio de Educación Infantil e Primaria
de Quiroga, participou este ano por primeira vez no programa XOGADE de deporte
escolar da Xunta de Galicia. No mesmo programa
participan, xa hai anos, as escolas deportivas municipais de Quiroga na
especialidade deportiva de fútbol-sala, onde tamén ano tras ano, os nenos e
nenas conseguen moi bos resultados a nivel provincial.
O CEIP de Quiroga, a través da súa
dirección, manifestou a alegría que supón para toda a comunidade educativa este
triunfo no primeiro ano de incursión nestes campionatos de deporte escolar. Polo
que quixo achegarlle os seus parabéns
para estes nenos e nenas.
Tamén durante a festa de homenaxe aos veciños de
Quiroga do pasado domingo se lles quixo facer unha homenaxe as estes pequenos
campións subíndoos ao palco da orquestra Panorama, onde recibiron o aplauso de
todolos veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario