O pliegue xeolóxico de Campodola-Leixazós, foi declarado onte pola Xunta monumento natural.
Tras a aprobación no Consello da Xunta do decreto que confire a estructura a protección legal, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo subliñou, que " este acordo blinda a protección dun monumento natural único".
O pregamento xeolóxico de
Campodola-Leixazós consiste nun pregamento xeolóxico de tipo deitado, no cal
pode apreciarse con total claridade a ondulación dos estratos superiores da
codia terrestre provocada polas forzas tectónicas, nun proceso que neste caso
tivo unha duración de 500 millóns de anos. A súa singularidade estriba en que
pode apreciarse con total nitidez este proceso grazas ao encaixamento do río
Ferreiriño, que deixa ao descuberto a estrutura interna do sinclinal nun grande
corte transversal, o que o converte nun dos puntos da xeoloxía estrutural máis
importante de España e lle confire un gran valor científico-educativo.
Cómpre, por tanto, manter a integridade
dos valores xeolóxicos e fomentar o seu coñecemento, polo que a Dirección Xeral
de Conservación da Natureza iniciou o procedemento de declaración no ano 2009.
Nos monumentos naturais, con carácter
xeral estará prohibida a explotación de recursos, salvo naqueles casos que por
razóns de investigación ou conservación se permitan, logo da pertinente
autorización administrativa.
A corporación municipal que onte celebraba un pleno non quixo comenzar a sesión plenaria sen amosar a súa satisfacción unanimemente por a celebración do monumento natural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario