O rexedor local, Julio Alvarez, e o concelleiro, José Enríquez,
reuníronse no serán de onte cos comerciantes de Quiroga para crear unha “Mesa
do Comercio”; algo obrigado mediante un decreto da administración autonómica.
A mesa, segundo lle explicou Enríquez, estará composta por
representantes do concello, dos comerciantes e dos consumidores. Esta mesa
permitiralles aos comerciantes poder solicitar calquera tipo de axuda que veña
dende a Xunta de Galicia.
Os comerciantes tamén barallaron a posibilidade de crear entre eles
unha asociación de comerciantes, da que o seu presidente formaría parte da Mesa
do Comercio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario