A área de xuventude do concello organizou dous obradoiros para o
mes de xuño, un de cócteles e o outro de reciclaxe; ambos dirixidos a rapaces e
rapazas de entre 12 e 30 anos.
O obradoiro de cócteles desenvolverase os días 12 e 14 de xuño,
dende as sete da tarde ata as oito e media, na casa da Cultura. Os interesados
en participar neste obradoiro, para o que é preciso traer a coctelera, deberán
de inscribirse antes do catro de xuño.
O outro dos obradoiros é de reciclaxe e desenvolverase os días
19 e 21 de xuño, tamén en horario de sete da tarde a oito e media, na casa da
Cultura. Neste obradoiro realizarase papel reciclado, e diversos obxetos e
xoguetes reciclando.
Ademáis destes dous obradoiros a área de Xuventude retoma no mes
de xuño “As noites alternativas”, os sábados 9, 16, 23 e 30 de xuño, dende as
dez da noite ata a media noite na casa da Cultura. Un ano máis os participantes
poderán elexir entre futbolín, internet, xogos de mesa ou xogos grupais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario