Os rapaces das Escolas Deportivas, tras proclamarse
campións provinciais, participaron o domingo
no campionato galego. Pola mañá xogaron as semifinais contra o gañador da
provincia de Ourense, o Verín; nun encontro moi disputado que gañaron por 3 a
1. O que os levou a final que disputaron contra o colexio Miralba de
Pontevedra.
Neste encontro, que foi moi igualdao os quirogueses levaban ventaxe
cun marcador favorable de 2 a 1, pero o encontro acabou cun empate a 2. Tras o
remate do tempo regulamentario, os quirogueses tiveron que ir a unha tanda de
penaltis de infarto, na que os rapaces se alzaron co título do campionato
galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario