O concello de Quiroga vai poñer en marcha un ano máis o programa
Música na Rúa. Este programa de animación nocturna comenzará o sábado 23 de
xuño e prolongarase ata o 15 de setembro.
Con este programa o concello pretende animar as noites dos
sábado durante o verán nas terrazas de bares e cafeterías do casco urbán, agás
aqueles sábados que coincidan con festas nos arredores.
O departamento de festexos do concello citou aos propietarios de
bares e cafeterías para realizar o sorteo de que día tocará o músico nas súas
inmediacións.
Así no mes de
xuño o músico instalarase o día 23 nas inmediacións da Adega de María e o día
30 entre a cafetería As Palmeras e o Bar Portón.
No mes de xullo, o día 7 no Recuncho do Dino, o día 14 no café A
Pedra, o día 21 entre os bares Félix e Zorro, o 24 no mesón Cantar Miudiño, e o
día 28 na Chapakuña.
No mes de agosto, o día 4 na cafetería Dai-2, o día 9 entre o
bar Lago, a vinacoteca Quiroga e o bodegón A Andaluza, e o sía 18 no mesón
Ferreiriño.
Finalmente no mes de setembro o día 1 entre as cafeterías Quiper
e Compañía e o día 15 no mesón Escaleira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario