O Concello de
Quiroga abriu un expediente sancionador á empresa Aqualia, concesionaria do
abastecemento de auga, por mor de diversas deficiencias que se rexistran desde
o ano pasado neste servizo.
Segundo
indican desde o goberno municipal, a auga adoita chegar turbia aos domicilios e
os fins de semana falta presión nas zonas altas. Por outra banda -engaden-
"non se reparan avarías, a non ser que sexan moi evidentes ou que o
Concello presente as oportunas reclamacións", ademais de que "non se
realiza o oportuno mantemento" e de que desapareceron diversos elementos
dos sistemas de captación e distribución de augas. Dende hai tempo, e a pesar das melloras importantes que realizou o
concello na rede de abastecemento da auga ao municipio, como foi a construcción
dun novo tanque situado a máis de 300 m
de altitude sobre o nivel da vila, co fin de que non falte a presión en ningún
punto, aportando 10 litros de auga por segundo
máis dos xa existentes (suficiente para 4.320 habitantes, cuando el nº
de abonados en Quiroga non chega a 1.800)
e cun custo superior aos 601.012 €, a empresa Concesionaria foi
empeorando o servizo de abastecemento.
Os
responsables municipais engaden que o verán pasado cortouse a subministración
de auga nos barrios de San Vitoiro e a Hermida durante cinco días e que o
problema só se solucionou tras unha "chamada de atención" do
Concello. O concello sospeita que esto se debe a que dende hai tres anos,
Aqualia pretende incrementar o recibo polo consumo da auga, a un precio
superior a lo pactado no contrato. O goberno local di sospeitar que tras estas
deficiencias hai "algo parecido a unha chantaxe" e sinala que os
problemas empezaron a aparecer despois de que o Concello se negase a aplicar un
incremento do 144% no recibo da auga que foi solicitado pola empresa no 2011.
O
concello denuncia que non se reparan averías, a non ser que sexan moi evidentes
ou que o concello presente as oportunas reclamacions, de ahí que nalgún caso se
perda o 900 % de auga que entra nos depósitos; desapareceu o sistema de
impulsión e de conducción da auga do arroio do Pontido con toda a súa
infraestructura e destruiuse o tanque principal de abastecemento de auga á rede.
O concello abriulle expedente sancionador no que lle esixirá á
empresa o correcto mantemento da instalación; a reposición inmediata daqueles
elementos de infraestructuras que desapareceron ou que se destruiron, así como
unha indemnización, que será cuantificada polos técnicos, polos problemas
ocasionados, cantidade, ausencia, turbiez e pouca presión da auga; asimesmo
aplicará a sanción prevista no pliego de condicions aprobado e asinado por amba
as duas partes no seu momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario