O concello de Quiroga agradécelle ao Parlamento Galego a aprobación (por
unanimidade) da proposición do grupo
Popular para potenciar o ceite de Quiroga. Considera que
esta iniciativa ven a completar e apoiar o esforzo e rigor co que este concello
leva anos loitando para protexer e acrecentar o prestixio deste produto.
Foi xa no ano
2008 cando iniciou os trámites para rexistrar a marca “Aceite de Quiroga” a
nome do concello. A partir dese momento os obxetivos marcados eran
principalmente certificar as características deste produto e regular a súa
producción e posterior comercialización.
Elaborouse
para elo un regulamento que establece os requisitos para poder utilizar a marca
“Aceite de Quiroga”, delimitando factores esenciais que inflúen na calidade do
produto final como a zona de produción, as variedades de oliveiras plantadas, as
prácticas de cultivo, as características analíticas e incluso o envasado.
Unha comisión
formada por seis persoas expertas en diferentes campos relacionados coa
elaboración e a comercialización do aceite, é a encargada de supervisar todos e
cada un dos requisitos esixidos.
Ainda que
relativamente corta, a andadura de “Aceite de Quiroga” xa foi obxeto dalgún que
outro acto fraudulento por parte de terceiros que tentaron beneficiarse do
prestixio que este produto está adquiriendo. Con este fin, o concello leva uns
Rexistros de plantacions e de muiños nos que terán de estar inscritos todos
aqueles produtores que queiran utilizar a marca, e a súa vez só o aceite
elaborado por estes produtores poderá levar a etiqueta identificativa que o
propio concello proporciona.
O alcalde,
Julio Álvarez Núñez, consciente de que este aceite é único en Galicia, seguirá
loitando para acrecentar o prestixio da marca “Aceite de Quiroga”, polo que
considera imprescindible a posta en valor dos valores intrínsecos deste produto
no referente as súas cualidades saudables, culturais, medioambientais e
gastronómicas.
Todo esto veise
agora respaldado pola iniciativa da Xunta de Galicia de crear una “Marca de
Garantía” para o Aceite de Quiroga que potenciará a súa produción, a súa
promoción e o seu consumo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario