Comenzouse a acondicionar a zona do miradoiro xeolóxico,
construído hai oito anos polo Concello para facilitar a observación do
pregamento de Campodola – Leixazós.
A esta zona desprazouse o rexedor local, Julio Alvarez acompañado
dun técnico municipal.
Os traballos de
acondicionamento do mirador, ubicado na unión da estrada Quiroga – Folgoso co
acceso a Campodola, inclúen a pavimentación do entorno con pedra rústica, a
mesma que se empregou no solo do miradoiro.
O acondicionamento inclúe a reparación dos paneis informativos e
das paredes do miradoiro, así como a colocación dun monolito de pedra natural,
no que se destacará o carácter de
monumento natural que a Xunta de Galicia concedeu ao Pregamento de Campodola-
Leixazós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario