Esta tarde
comeza o curso de tecido tradicional en tear organizado pola delegación de
Cultura do Concello de Quiroga. O curso desenvolverase os luns e mércores dende
as sete da tarde ata as nove do serán.
Aproveitando
a recollida e resturación das pezas empregadas no sector téxtil, levada a cabo
dende o ano 2007, ofrécese a posibilidade de aprender os secretos dunha técnica
milenaria de forte raizame na zona e que co paso do tempo foi quedando no
esquecemento.
O curso de
40 horas de duración impartirase no Museo Etnográfico e será totalmente
práctico, correndo a cargo da tecedeira de Visuña, Carmen Barreiro, que contará
coa colaboración de Agapito Vila e Manola Souto.
O curso
englobará todo o proceso do tecido, dende o urdido dos fios para configurar a
base sobre a que se tece; preparar o fío da la co seu cardado, fiado e torcido;
e preparar os flecos con que decorar as distintas pezas ata chegar o propio
tecido no tear.
No hay comentarios:
Publicar un comentario