O
Concello de Quiroga ven de sacar a rúa a programación cultural para o verán.
As actividades aquí recollidas son o resultado do traballo realizado dende as
distintas áreas e servicios municipais:
infancia, educación, igualdade, xuventude, cultura e deportes.
Nos meses de verán, obradoiros, campamentos de
verán, exposicións, animación musical,
deportes e actividades formativas conforman a actividade deste trimestre. Cabe
salientar os campamentos de verán para nenos e nenas en idades comprendidas
entre os 4 e os 12, que se desenvolverán de luns a venres, en horario de mañán,
en distintas instalacións municipais e que inclúen actividades artísticas e deportivas que a
maiores de ser unha alternativa de ocio
para os rapaces teñen como obxectivo facilitar a conciliación da vida
familiar e laboral.
Tamén ten
un lugar destacado a intensa actividade deportiva a desenvolver nestes meses: VI
Campus de Fútbol, Campus de Baloncesto, Trofeo Fútbol Sala Feminino, Torneos de “Futbol 7” e Baloncesto, Ruta en
Mountain bike, Sedeirismo, etc.
Por outra banda a promoción de productos
típicos que está presente no Concello de Quiroga ó longo de todo o ano, enxalza
neste tempo o mel, que será o protagonista
coa celebraciáon da XXI MOSTRA DO MEL DE QUIROGA o vindeiro día 10 de agosto.
Actividades para a xuventude: noites alternativas,
concertos nos pubs, saídas culturais, etc.
A animación
musical con actuaións ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro.
Así dende xuño a setembro teñen lugar 13 actuacións do programa Música na Rúa,
que leva moitos anos funcionando con éxito. Por outra banda,
concertos para a xuventude salientando os grupos xuvenís locais “UTOPÍA, SANTA
COMPAÑA, E LETAL CHAINS”. As FESTAS DE VERÁN, con actuacións folcóricas, banda
de música, afamadas orquestras etc..
Contribuirán a complementar os moitos
atractivos turísticos de Quiroga as visitas guiadas ao Museo Xeolóxico e ao
Museo Etnográfico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario