Esta mañá, coincidindo co día mundial do Medio Ambiente, levouse
a cabo o acto no que quedou patente a declaración oficial do Pregamento
Xeolóxico de Campodola Leixazós como Monumento Natural.
O prego xeolóxico de Campodola-Leixazós, foi declarado a
finais do mes de abril como Monumento Natural pola Xunta de Galicia,
declaración que se publicou no DOGA no mes de maio; e que culminou agora con
este acto oficial.
Ata o miradoiro achegábanse con este motivo o presidente da
Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, o conselleiro de Medio Ambiente,
Agustín Hernández, e o director do Instituto Universitario de Xeoloxía “Isidro
Parga Pondal”, Juán Ramón Vidal Romaní, que foi o encargado de explicarlle ao
presidente o pregamento. O pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós consiste
nun pregamento xeolóxico de tipo deitado, no cal pode apreciarse con total
claridade a ondulación dos estratos superiores da codia terrestre provocada
polas forzas tectónicas fai millóns de anos.
O acto, do que quedou constancia co descubrimento dunha placa
xunto ao miradoiro situado na unión da estrada Quiroga – Folgoso co acceso a
Campodola, estibo presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, que contou coa
axuda do alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, e con alumnos de sexto de educación
primaria de Quiroga.
O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, destacou a
importancia do pregamento, do que dixo ser unha importante mostra de como
Galicia surxiu dende os acéanos.
O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, pola súa banda afirmou que
hoxe é un día importante para Quiroga á que calificou como cuna de Galicia.
Finalmente, o presidente da Xunta,Nuñez Feijóo, recoñeceu que este é un dos lugares máis importantes de Galicia, polo que era obrigado protexelo de todas as maneiras posibles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario