O Concello de Quiroga en colaboración con Sogama, comezou un
programa de compostaxe doméstico en varias vivendas do municipio. O alcalde de
Quiroga, Julio Alvarez, e o presidente de Sogama, Luis Lamas, presentaron
oficialmente esta iniciativa, dando a coñecer as súas características máis
relevantes.
O rexedor local falou de que un concello comprometido coa
protección dos espazos naturais debe ser tamén un concello concienciado coas boas
prácticas na xestión do lixo. E afirmou que os veciños de Quiroga responden moi
ben á separación do lixo para a súa reciclaxe.
Pola súa banda, o máximo responsable de Sogama manifestou que o
proxecto goza dunha excelente acollida nos municipios nos que se está a
implantar, non supoñendo en ningún caso un traballo adicional para as familias.
Tras a presentación do proxecto fíxose entrega dos cincuenta
composteriros aos veciños que se inscribiran previamente na casa consistorial.O
obxetivo é que a través dos compostadores, no se fogar, os veciños
participantes elaboren o seu propio compost a partir da materia orgánica xerada
nos mesmos, obtendo un abono natural e de alto poder fertilizante que se poderá
usar en hortas, xardíns ou terras de cultivo.
O goberno local quere que sexa un éxito e por iso designou a
catro persoas, xa formadas, que exercerán as funcións de “mestres
composteiros”, encargándose de trasladas os coñecementos aos habitantes que
participan nesta iniciativa; ao tempo que supervisarán, casa por casa, o labor
desenvolvido por estes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario