Mañá martes, coincidindo co día mundial do Medio Ambiente,
declararase oficialmente o Pregamento Xeolóxico de Campodola Leixazós como
Monumento Natural.
O acto oficial, do que quedará constancia co descubrimento dunha
placa xunto ao miradoiro situado na unión da estrada Quiroga – Folgoso co
acceso a Campodola, estará presidido polo Presidente da Xunta de Galicia,
Alberto Nuñez Feijóo.
Tamén está previsto que acudan ao acto, que terá lugar ás dez e
media da mañá, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, o director
do Instituto Universitqrio de Xeoloxía “Isidro Parga Pondal”, Juán Ramón Vidal
Romaní, así como a corporación municipal.
O pliegue xeolóxico de Campodola-Leixazós, foi declarado a
finais do mes de abril como Monumento Natural pola Xunta de Galicia,
declaración que se publicou no DOGA no mes de maio; e que culmina agora con
este acto oficial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario