A corporación municipal celebrou na tarde de
onte unha longa sesión plenaria ordinaria, que acabou coa perda de papeis do
concelleiro do grupo mixto, insultando ao alcalde presidente.
No
pleno, que poderán ver integramente o sábado e o domingo, a partir das duas e
media da tarde, aprobouse o novo Regulamento
Orgánico da Corporación, que rexirá o desenvolvemento das sesións plenarias
dende que se publique no Boletín Oficial.
Rexeitáronse as alegacións presentadas á
Expropiación forzosa para o proxecto de “Acondicionamento de accesos e do
entorno da Igrexa da Ermida”.
Asignouse
unha dedicación parcial para o
concelleiro Angel Rodríguez.
Aprobouse unha Ordenanza Fiscal que regulará o uso
das Instalacións Deportivas Municipais.
Tamén se aprobou a solicitude de participación no
Plan Concertado para a prestación de Servizos sociais no ano 2012.
Rexeitouse unha moción do Bloque nacionalista
Galego en col da declaración do día 24 de febreiro como “Día de Rosalía de Castro”.
Aprobáronse duas mocións do Grupo Municipal do
Partido Popular, unha relativa ao Plan de Obras e Servizos do ano 2012 e a
outra relativa á modificación do Mapa Xudicial.
Modificouse o nomeamento dun dos concelleiros
integrantes da Xunta de Goberno e das Comisións Informativas.
Finalmente, no último punto que era unha solicitude
do portavoz do Grupo Mixto de comparecencia do Alcalde, foi cando o portavoz
deste grupo deixou de lado a armonía coa que se desenvolveu todo o pleno e
subiu o tono chegando a insultar ao alcalde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario