Unha quincena de rapaces rematan esta tarde a actividade de sendeirismo limpo polo río Quiroga, organizada pola área de educación. A actividade, dirixida a rapaces e rapazas
de 8 a 12 anos, desenvolveuse os catro mércores do
mes de xuño, dende ás 16:30 ata as 18:00 horas.
Nesta actividade os rapaces recolleron lixo que atoparon ao longo do
paseo fluvial do río Quiroga.
Como premio por limpar o río Quiroga, os participantes terán mañá un
día de excursión no Caurel con picnic incluído. Para a excursión
partirán ás dez da mañá dende o aparcamento dos autobuses escolares. Unha vez
no Caurel recorrerán a ruta Uxío Novoneira, que une as localidades de Moreda e
Parada.
Tras o
xantar disfrutarán dunha tarde no río en Valdomir, para regresar a Quiroga
sobre as seis da tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario