A Área de Educación do Concello de Quiroga, poñerá
fin mañá pola tarde ao o servizo de Ludoteca municipal, que se desenvolve dende
o mes de setembro ata xuño.
O servizo remata cunha festa na casa da cultura
para todolos rapaces que participaron ao longo deste curso. Na festa que
comenzará ás cinco da tarde, e que se prolongará ata as sete, non faltará unha
boa merenda e animados xogos.
A Ludoteca tiña lugar todolos martes e xoves de
cada semana, con excepción nas datas de Nadal e Semana Santa, nas que houbo un
servicio especial.
As clases impartíronse na aula da ludoteca, baixo
da Casa de Cultura, en horario de 17:00 a 18:00 horas para pequenos/as de 3 a 6
anos e de 18:00 a 19:00 horas para os nenos e nenas de 7 a 9 anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario