Dende a Área de Educación do Concello de Quiroga ofertase para
os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, os Campamentos de Verán, durante os
meses de xullo e agosto.
Esta actividade ten como finalidade ofertar un servicio diario
ós seus usuarios nunhas datas nas que os máis pequenos/as disfrutan de tanto
tempo de lecer.
O horario para os rapaces de 4 a 7 anos, será de 10:00h. a
13:00h. e o dos nenos e nenas de 8 a 12 anos de 11:00h. a 14:00h. Os
proxenitores deberán levar ós alumnos e alumnas á Casa de Cultura na primeira
hora da mañá e recollelos na piscina á última hora.
As clases consistirán en variados obradoiros; de plástica,
abalorios, modelado, cociña, fieltro, lectura, dramatización, medio ambiente,
reciclaxe, ciencia, costura, maquillaxe e tatuaxes, ademáis dun de globoflexia
e máis outro de conservas de peixe, este último a través dun programa da
Consellería do Mar “Ponlle as pilas ao teu bocata” para infundir unha
alimentación sa.
Tamén terán clases de inglés e informática, así como deportes,
natación, cine e xogos de presentación, distensión, cooperativos, de
orientación, populares, estáticos, predeportivos, de carreiras, recreativos,
malabares, etc…
As persoas interesadas en inscribir os seus fillos/as tan só
deben pasar pola Casa de Cultura ou chamar ó número de teléfono 982 435 125,
onde serán informados de todos os detalles dos campamentos e onde poderán
anotar os rapaces e rapazas. A data límite para apuntarse é o venres 29 de
xuño, excepto para aquelas persoas que veñen de vacacións a Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario