Esta mañá presentábase na
casa consistorial a feira de oportunidades que se desenvolverá no pavillón
municipal de Quiroga os días 22, 23 e 24 de xuño. Á presentación acudían o
alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, o concelleiro de comercio, José Enríquez, e
a presidenta da Ascociación de Comerciantes Autónomos Oulet de Galicia (ACAOGA),
Rosa Mª Fernández Covelo.
José
Enríquez dixo que se trata dunha feira baseada e dedicada aos comerciantes
locais á vez que animou aos comercios a que participen nesta feira de
oportunidades organizada para eles. Aos comerciantes facilitaráselles un
teléfono e visitaranse persoalmente para que se inscriban gratuitamente na
feira.
A presidenta de ACAOGA, Rosa
Mª Fernández Covelo, afirmou que este tipo de feiras están pensadas para o
comercio local que está sofrindo unha crise,
para que poidan mover e sacar esas mercancías que teñen paradas.
Dixo que se trata dun centro comercial móbil con stans gratuitos nos que
pide aos comerciantes locais que participen masivamente e ao público que veña a
visitalos.
A oulet
abrirá o venres día 22 ás catro e media da tarde, pero as catro menos cuarto,
invitarase aos asistentes á inauguración. A entrada ao público costará 2 €, o
que lle dará a oportunidade de participar nos sorteos que se celebrarán cada
media hora, ademais de degustar café e chupitos gratis e para os máis cativos
inchables tamén gratuitamente.
O
horario de apertura ao público da feira será o venres dende as catro e media
ata as nove e media e o sábado e o domingo dende as once da mañá ata as nove e
media da noite.
O
alcalde de Quiroga, agarda que esta actividade sexa todo un éxito para o
comercio local, xa que pode ser un fin de semana lúdico interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario