Na mañá de onte
constituiuse a Mesa do Comercio de Quiroga que estará presidida polo
concelleiro José Enríquez. A mesa contará ademais con outro representante
municipal, un representante da Xunta de Galicia, un representante dos
consumidores e un representante do comercio local. Contará tamén cun
secretario, pero que non terá voto.
Coincidindo coa
constitución tratouse un primeiro tema que foi o da Feira de oportunidades que
se desenvolverá no pavillón municipal os días 22, 23 e 24 de xuño.
A Mesa do Comercio
reunirase como mínimo unha vez ao ano, pero tamén o fará cando exista algún
tema que deban aprobar, como a solicitude de calquera tipo de axuda.
A creación da Mesa do
Comercio é algo obrigado mediante un decreto da administración autómica, no que
se comenzou a traballar no pasado mes de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario