Oito alumnos do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga
participaron dende onte na primeira xornada dunha selectividade cada vez máis
selectiva. Os exámenes realízanos como sempre no Instituto Cosme López de a
Rúa.
Os mozos e mozas tiveron que demostrar onte os coñecementos
adquiridos na etapa de bacharelato en Lingua Castelá, Lingua Galega, Lingua
Estranxeira e Historia de España ou Filosofía, as catro probas comúns a todas
as especialidades. Hoxe realízanse os exames específicos de modalidade, un
deles obrigatorio e os outros voluntarios para obter máis nota de cara ao
ingreso na universidade.
A fase obrigatoria consta de cinco exames, mentres que
na voluntaria os alumnos poden examinarse de ata catro materias, pero só se
terán en conta as dúas mellores notas, o que permite alcanzar un máximo de 14. Desde
que se reformou a selectividade, os estudantes teñen 45 minutos de descanso
entre proba e proba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario