O concello de Quiroga ultima os actos organizados con motivo da noite de San Xoán.
As actividades comenzarán para os máis cativos a partir das seis e
media da tarde, xa que o departamento de educación organizou diversos xogos que
se levarán a cabo no parque da Constitución. Os xogos van dirixidos a nenos e
nenas de entre 6 e 12 anos. Os menores desta idade tamén poden participar, pero
deverán estar acompañados.
A partir das oito e media, cando rematen os xogos infantiles, comenzará
a sardiñada do merendoiro do parque. Todolos veciños poderán degustar
gratuitamente sardiñas asadas acompañadas de pan do país.
Ás once da noite, e coincidindo coa noite de san Xoán, comenza o
programa Música na Rúa. Nesta ocasión, o músico instalarase nas inmediacións da
Adega de María.
Sobre a media noite acenderase a fogata para que maiores e pequenos
poidan saltar a fogata de San Xoán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario