O rexedor
local, Julio Alvarez, e o concelleiro José Enríquez, achegáronse onte ata as
piscinas municipais para comprobar os pequenos arranxos que se fixeron antes da
súa posta en funcionamento na xornada de hoxe.
Tamén se atopaba nas piscinas a encargada de sanidade para dar o
visto bo a apertura das mesmas. Así dende hoxe comeza a tempada de verán deste
servizo que estará aberto como todolos anos dende as doce da mediodía ata as
oito do serán ininterrumpidamente. O servizo de socorrista estará operativo
durante todas as horas en que permaneza aberta ao público a piscina.
O prezo de entrada é o mesmo de todolos anos, os menores de 15
anos 1€ e os maiores desa idade 1,50€. Tamén se conserva a posibilidade de acollerse
aos bonos. Non obstante estes prezos non se aplicarán ata o vindeiro luns, xa que
durante a fin de semana a entrada será gratuita.
Un ano máis o concello pon en marcha
esta instalación municipal coincidindo co remate do curso escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario