A Comisión de Festas de Quiroga organizou para este domingo unha festa
de homenaxe aos veciños de Quiroga no seu trinta aniversario, que contará coa
actuación da orquestra Panorama.
A actuación do grupo Panorama comenzará ás dez da noite na praza -
estacionamento de autobuses escolares entre o pavillón municipal e a rúa Real.
José Luis Rivera, membro da comisión de festas, indicou que esta
actuación, que é un agradecemento a veciños e hostaleiros pola súa colaboración
nas festas durante os trinta anos que leva traballando a comisión, lévase a cabo agora ante a imposibilidade de
contratar esta orquestra durante a tempada estival, debido o excesivo caché que
acada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario