Os concello
de Quiroga organizou duas actividades para as festas de Entroido: un Concurso
Desfile de Comparsas, que terá lugar o domingo 10 de febreiro; e unha Festa
Infantil de Disfraces o luns día 11. Para últimar estas actividades reuníase
onte a comisión organizadora.
A saída do desfile de comparsas terá lugar o
domingo dende a Rúa das Piscinas, ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real
ata a Casa da Cultura. En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan
o desfile, a comisión organizadora decidiu que as comparsas desfilen dentro do
aparcamento municipal da Praza España.
Establéceuse
un primeiro premio de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un
terceiro premio de 150,00 €. Fora dos
gañadores, cada comparsa participante recibirá 60€. Para a modalidade de
disfraces individuais haberá un único premio de 60,00€.
O Xurado
estará integrado por un membro de cada comparsa participante que despois de asistir ó desfile valorará
a cada comparsa menos á que
representa. Valorarase especialmente a orixinalidade dos disfraces, a
coreografía e a escenografía.
A
entrega de premios terá lugar, no baile de disfraces amenizado polo Dúo Fondo Tropical.
En canto á
festa de disfraces infantil do luns día 11, comenzará a partir das cinco da
tarde na discoteca lor, e os rapaces poderán disfrutar de piñatas e animación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario