A Oficina de Xuventude vai levar a cabo diversas
actividades coincidindo coas festas de Entroido. Unha destas actividades é un
taller de máscaras e maquillaxe de entroido que realiza en colaboración coa
área de Educación. O taller, de dous días de duración, vai irá dirixido ós
nenos e nenas de 9 a 16 anos, que se deberán apuntar na casa de cultura antes
do xoves 31 de xaneiro, teléfono 982 435 125.
Os días serán o luns 4 en horario de
18:30h a 20:00 horas, e o mércores día 6 en horario de 17:00h. a 18:30 horas,
esta actividade realizarase na aula da ludoteca municipal.
Para o luns día 11 organízase unha
viaxe ó pobo de Salcedo para ver ó “OSO DE SALCEDO”, para apuntarse dirixirse á
Casa de Cultura antes do venres día 8, e, dende Educación, unha Festa Infantil
de Entroido na Discoteca Lor a partir das 17:00 horas, con piñatas e animación
para todos os asistentes.
O mércores día 13 terá lugar unha
viaxe para asistir á gravación do programa “Tourilandia”, a saída terá lugar ás
20:00 horas e a volta ás 00:00h., para asistir é necesario apuntarse na Casa de
Cultura antes do luns día 11, esta actividade organízase dende xuventude.
No hay comentarios:
Publicar un comentario