O Boletín Oficial da Provincia
publicou onte as bases para a concesión de subvencións para a Area de
Rehabilitación Integral do ámbito denominado Praza Maior e Pacios de Mondelo,
no que será xa a 3ª fase do programa.
A presente convocatoria ten por
obxecto establece-lo procedemento de concesion das axudas ao abeiro do Convenio
asinado entre o Ministerio de Fomento o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o
Concello de Quiroga, no ano 2012.
As obras para as que se soliciten as
axudas deberan atender prioritariamente a mellora das condicions de
habitabilidade relativas a distribucion interior, instalacions de auga,
electricidade, calefaccion, ventilacion, iluminacion natural e aireacion,
illamento termico, servicios hixienicos e instalacions de cocina ou doutros
servicios de caracter xeral.
Tamén se subvencionarán actuacions nos
elementos comuns das edificacions e de mellora e conservacion dos elementos que
demandasen os valores historico-artistico, arquitectonico ou ambientais. Dentro
destas actuacions incúense tellados, chimeneas, fachadas, instalacion de
ascensores, supresion de antenas individuais e instalacion de antenas
colectivas e acaemento de accesos e circulacion para uso de minusvalidos.
As axudas previstas nesta norma, teran
caracter de subvencions a fondo perdido e poden chegar ata o 75 por 100 do
orzamento protexido da rehabilitacion de edificios e vivendas, sen que a subvencion
media poida exceder de 11.600 euros por vivenda.
Poderan se beneficiarios das axudas para a
rehabilitacion de vivendas, edificios e elementos comuns, os propietarios,
arrendatarios ou titulares de algun dereito de uso sobre as vivendas, cando
estas constituan o seu domicilio habitual e permanente. Tamen poderan solicitar
as axudas os titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve parello
o compromiso de ocupalas eles mesmos ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento
ou por calquera outro titulo legalmente admisible, sempre que sexa como
residencia habitual.
Para máis información ou para tramitar
as axudas deben dirixirse a oficina de rehabilitación situada no centro de
Formación Ocupacional Pía Páxaro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario