A Xunta de Goberno Municipal aprobou esta mañá a adhesión ao convenio subscrito entre a FEMP e o
Goberno para acreación dun Fondo Social de Vivendas para Afectados polos
Desaucios.
Este convenio considera a creación do fondo social de vivendas
destinadas ao aluguer, constituído cunhas 6.000 vivendas, achegadas polas
entidades financeiras e ás que poderán acceder persoas que fosen desaloxadas da
súa primeira vivenda a partir do 1 de xaneiro de 2008 e que, ademais se
encontren en situación especial de vulnerabilidade social.
En virtude desta colaboración, o concello comprométense a asesorar os que soliciten información sobre o procedemento para solicitar unha vivenda dos fondos sociais; emitir, no prazo previsto (15 días dende que reciban a solicitude), o informe sobre a valoración das circunstancias sociais das familias solicitantes da vivenda, ao obxecto de priorizar entre os demandantes; colaborar coas entidades de crédito, cando así o acorden con estas, na avaliación das solicitudes e difundir e informar os cidadáns sobre o obxecto e contido do convenio.

No hay comentarios:
Publicar un comentario