Os
encargados de organizar as festas de Entroido reuníronse para organizar as duas
actividades destas festas: un Concurso Desfile de Comparsas, que terá lugar o
domingo 10 de febreiro; e unha Festa Infantil de Disfraces o luns día 11, a
partir das cinco da tarde.
No concurso de comparsas poden participar todas
as comparsas que o desexen tanto deste Concello coma doutros, sempre e cando
estean integradas por dez membros como mínimo. Establécense un primeiro premio
de 500,00 €, un segundo premio de 300,00 € e un terceiro premio de 150,00 €. Fora dos gañadores, cada
comparsa participante recibirá 60€.
Ademais das
comparsas, poden participar disfraces individuais, (nesta modalidade o máximo
serán tres membros por disfrace). Para esta modalidade haberá un único premio de
60,00€.
O Xurado estará integrado por un membro de
cada comparsa participante que despois
de asistir ó desfile valorará a
cada comparsa menos á que representa. Valorarase especialmente a
orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía.
A saída do
desfile terá lugar denda Rúa das Piscinas, ás cinco da tarde, continuando pola
Rúa Real ata a Casa da Cultura. A entrega de premios terá lugar diante do
Concello, no baile de disfraces amenizado polo Dúo Fondo Tropical.
As inscricións
faranse na Casa da Cultura ata o día 6 de febreiro, ou ben chamando ao teléfono
982435125.
No hay comentarios:
Publicar un comentario