O vindeiro luns abrese o prazo de
inscrición para a “XXXI FEeira do Viño de Quiroga”, que terá lugar os días 30 e
31 de marzo.
Os colleiteiros interesados en
participar nesta edición deben dirixirse ó Concello antes do día 28 de xaneiro
Os requisitos necesarios para
participar son os de todos os ano:
- Contar cunha cantidade mínima de 200 botellas de viño branco e 250
botellas de viño tinto para presentar na feira, e outra cantidade igual ou
superior na adega.
- A graduación alcohólica mínimaesixida
será de 12 º para o viño branco e de 11,5 º
para o viño tinto.
- A acidez volátil máxima permitida
será de 0,5 gr. acético/l. para o viño branco; e de 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.
-
O colleiteiro que teña seleccionado o seu viño para participar na feira
debe aboar a cantidade de 100 €.
O número máximo de colleiteiros
nesta edición será de 12.
No hay comentarios:
Publicar un comentario