Está previsto que os Reis Magos de Oriente cheguen a Quiroga o sábado
ás seis menos cuarto da tarde para facer entrega na casa do concello de
agasallos os nenos das familias máis desfavorecidas.
A continuación as súas Maxestades achegaranse ata a Residencia
da Terceira Idade para visitar aos avós. E ás sete e media será cando suban as
súas carrozas para recorrer a rúa Real e dirixirse ata o Auditorio Municipal
onde escoitarán as peticións de todolos cativos para esa noite.
Unha vez os Reis escoiten todalas peticións todos os nenos e
nenas poderán disfrutar dunha festa
infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario