A Comisión Organizadora da Mostra do Aceite, abriu esta mañá o prazo para participar
na XIII Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará o día 24 de febreiro.
As condicións para poder participar, tendo en
conta, que o número de participantes será limitado a 5 colleiteiros, son as
seguintes:
-Ter unha colleita mínima de 200 L. de aceite.
-Aboar 100 € de inscrición, ou ben facilitar a
cantidade equivalente en aceite.
-Achegar as mostras da súa produción para a
súa análise e someterse aos controis que a Comisión Organizadora estime
oportunos.
-A Comisión Organizadora recollerá mostras ao
azar para a súa cata o mesmo día da Mostra.
A selección dos participantes farase tendo en
conta o seguinte criterio:
1.-Rigoroso orde de inscrición nas oficinas
municipais por rexistro de entrada.
2.-O resultado aceptable do análise químico e
organoléptico que determinará o laboratorio especializado que se dispoña.
O prazo de inscrición remata xa o este venres. As mostras para a súa
análise deberán entregarse na Casa de Cultura o día 21 de xaneiro.
Na primeira reunión que levou a cabo a Comisión
Organizadora realizouse unha análise e avaliación da pasada edición, con ánimo de
mellorar aqueles aspectos que se poida para facer que a vindeira mostra supere a tódalas
anteriores.
Previo á celebración da mostra do Aceite, concretamentente o sábado día 16 de febreiro, desenvolveranse unhas
xornadas técnicas sobre o cultivo e a presenza na gastronomía do aceite
de Quiroga, contando con persoas expertas na materia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario