O concello de Quiroga, dende a Área
de Xuventude, organiza para este mes de xaneiro o X Certame Cartas de Amor
“Vila de Quiroga”, no que poden participar tódalas persoas co desexen con
tantas cartas de amor como queiran sempre que estén relacionadas co sentimento
do amor.
As cartas poden estar escritas en
galego ou castelán cunha extensión máxima de dous folios mecanografados por
unha sóa cara.
Os datos do autor/a, dirección e
teléfono presentaránse dentro dun sobre pechado. No exterior figurará o título
da carta e a categoría na que participa. As categorías serán duas: Cartas non
locais (remitidas por persoas que non están domiciliadas neste Concello). E cartas
locais (para veciños do pobo de Quiroga). Dentro destas últimas establécense
varias subcategorías, en función da idade dos participantes:
Infantil (menores de 12 anos).
Xuvenil (de 13 a 18 anos).
Senior (de 19 a 35 anos).
Dourada (de 35 anos en adiante).
Os premios establecéronse en placas
conmemortativas e detalles para os tres primeiros clasificados da categoría de
cartas non locais, e para a categoría local estableceuse un único premio, tamén
consistente nunha placa conmemorativa e un
detalle, para o gañador de cada subcategoría.
Os traballos pódense enviar por
correo ou entregalos persoalmente na Casa de Cultura de Quiroga, antes do 24 de
febreiro.
Os traballos quedarán en propiedade
do Concello para facer unha publicación en sucesivas edicións: Cartas de amor,
vila de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario