Quiroga celebrou a súa XIII Mostra do Aceite no lugar das
Farrapas en Bendilló e aínda que non choveu si se deixou sentir o intenso frío
que fixo que a afluencia de público non acadase a cota doutras edicións. O
programa da mostra abríuse como sempre coa posta en funcionamento do muiño de
aceite para que todos os visitantes poideron ver a súa elaboración tradicional.
Ás
doce da mediodía, tiña lugar a cata dos catro aceites presentes na mostra por
parte de expertos na materia. As análises organolépticas que previamente
pasaron estes aceites deron como resultado unha clasificación de Aceite de
Oliva Virxe Extra, a máxima que se pode obter.
O
laboratorio especializado ao que foron enviadas as mostras do aceite presentado
por Jesús Bao Mondelo, Guillermo Nogueira Veloso, Inocencio Ogando García e
Manuel Mondelo Rodríguez para o seu análise destacou deste xeito, unha vez más,
a calidade do aceite que se produce en Quiroga.
Na
mostra, ademáis de poñerse a venda o aceite,
participaron outros oito expositores con todo tipo de produtos típicos
da zona de elaboración artesanal: castañas secas, doce de castaña, conchos,
pan, viño, mel, licores etc. Incluso este ano haoubo un expositor no que se
poideron ver e mercar distintos tipos de pezas de carpintería elaboradas con
madeira de oliveira.
Este foi o primeiro ano no que os aceites se presentaron coa
contraetiqueta oficial de aceite de Quiroga, o que garantiza que indudablemente
estes aceites son elaborados no municipio.
Os olivareiros participantes destacaron que a pesar da menor
afluencia de público as vendas mantivéronse nos niveis doutros anos.
Nesta convocatoria, que xa forma parte
destacada do calendario de festas gastronómicas e etnográficas de Galicia,
tamén se contou coa música tradicional galega a cargo do grupo de gaitas San
Martiño, do grupo de danzas do mesmo nome e do grupo de gaitas O Recanto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario