Dentro das
actividades organizadas polo concello con motivo de XXXI Feira do Viño de
Quiroga, inclúese novamente o concurso de camisetas o sábado día 30 de marzo.
Neste
concruso poden participar todos os grupos e colectivos a partir de catro
integrantes, que o desexen.
A temática
reflexada no diseño e o lema das camisetas estarán relacionados coa Feira do
viño. Non se admitirán a concurso camisetas que denigren a personas, grupos ou
colectivos, tanto públicos coma privados.
Os participantes
deben inscribirse a través do Facebook da Omix de Quiroga ou na casa da cultura
antes do mércores día 27; ou o propio día da feira no recinto ,na caseta de información
municipal, antes das sete da tarde.
Un
representante de cada grupo anotado a concurso deberá acceder ao lugar do
pregón, para expoñer a súa camiseta diante do público e do encargado de
escoller ao gañador, que será o propio pregoeiro da feira.
O gañador
do concurso recibirá un trofeo e 100€ en metálico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario