O Concello de Quiroga, organiza xunto coa
Asociación Provincial de Hostelería de Lugo a segunda edición do concurso:
Quiroga de Tapas. 19 son os establecementos adicados á restauración que participan
nesta edición. Hostal Río Lor, Adega da María, Ciber-café A Pedra, Bar Las
Palmeras, Bar O Portón, Bar Raposo, Bar Quiper, A Taberna, Cafetería Quiroga,
Pub Ruxe-Ruxe, Bar O Cantar Miudiño, Bar Lago, Bar Félix, Restaurante O Roxo
Vivo, Casa Torres, Bar Chapakuña3, O Recuncho de Dino, Mesón Ferreiriño e Mesón
Escaleira.
Cada
establecemento participante deberá elaborar unha única tapa, con ingredientes de libre elección, a un precio de
venda ó público de 1,50 €uros. Ademáis, este ano, é obrigatorio ofertar
o maridaxe cós viños da comarca.
O Concello distribuirá
nos locais participantes cartillas de votación “tapacartóns”, a disposición
gratuíta do público consumidor, que será quen determine o gañador do concurso.
Ademáis, en todos os establecementos participantes, estarán situadas as urnas
oficiais de votación.
A tapa
presentada ó concurso, deberá estar anunciada, exposta de forma destacada, así
como a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de
unidades ou porcións, do 21 ó 29 de marzo de 2013 en horario de 12:00 a 14:30 e
de 19:00 a 22:30 horas.
Cada vez que un cliente deguste a tapa
presentada a concurso, o establecemento participante deberá selarlle, si
non o fixera aínda, a cartilla de votación, na casilla correspondente o seu
establecemento, si xa estivera cuberto o tapacartón, o local ten a obriga de
darlle outro. Se o establecemento non dispón da tapa no horario do
concurso, está obrigado a selar o tapacartón na casilla correspondente e poderá
ser penalizado.
Cando o
cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en
todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita
utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso,
ubicadas en todos os establecementos participantes. A votación deberá realizarse
antes das 23:00 horas do 29 de marzo, data na que se recollerán as urnas para o
reconto de votos.
Non será
válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os
establecementos participantes.
O cliente
poderá ter en conta, á hora de emitir o seu voto, Presentación e innovación, Gusto,
sabor, texturas e aromas e calidade dos ingredientes.
O II
concurso “Quiroga de Tapas” fallarase o mércores 3 de abril na casa
consistorial. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 100
€uros, así como unha placa honorífica. O resto dos establecementos
participantes recibirán un diploma de participación. Ademais, entre as
cartillas de votación realizaráse o sorteo público para tres participantes no
concurso que gañarán diferentes premios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario