A Confraría do Viño de Quiroga, oficialmente inscrita no rexistro de
asociación da Xunta de Galicia, celebrará o acto oficial de investidura dos seus
membros o día 16 de marzo no salón de sesión da Casa do Concello de Quiroga ás
11 h. No transcurso deste acto solemne cada un dos confrades prometerá o seu
cargo e será acreditado como membro da confraría cun pergamiño especialmente
editado para a ocasión e será investido coa indumentaria oficial composta por
capa e sombreiro. Unha vez rematado este acto os confrades
dirixiranse á sala de catas do Museo Etnográfico de Quiroga onde
terá lugar, a partir das 12 h, a selección dos viños que participarán na XXXI
Feira do Viño de Quiroga.
Os membros da comisión de cata encargados de
seleccionar os viños que finalmente participan na Feira do Viño de Quiroga,
suxeríronlle ao Concello de Quiroga a posibilidade de dar a este acto un
carácter oficial tratando de agrupalos baixo unha asociación legal sen ánimo de
lucro que levaría o nome de "Confraría do viño de
Quiroga".
Despois de varias reunións nas que se
xuntaron todos os integrantes desta comisión de cata e amparados polo Concello
de Quiroga, redactouse un acta fundacional e uns estatutos que finalmente se
inscribiron no rexistro da Xunta de Galicia.
A Xunta Directiva elixida polos 23 membros
fundadores (integrantes da comisión de cata) da Confraría do viño de Quiroga
está composta polo presidente, dous vicepresidentes, un secretario e un
tesoureiro, o resto dos integrantes actúan como vocais.
O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade
de Quiroga, Sala de Catas do Museo Etnográfico Municipal de
Quiroga.
A existencia desta asociación ten como fins
exaltar a importante riqueza vitivinícola de Quiroga, levando o coñecemento do
viño a través da cultura.
Son fins principais desta confraría:
-Promover actividades que difundan o viño artesanal de Quiroga, -promover
actividades que axuden a entender e mellorar o viño artesanal de Quiroga, tanto
nas clases axeitadas de cepas, labores na viña así como na bodega, -promover
charlas orientadas as orixes e cultivo das diferentes clases de cepas no mundo
como un feito cultural, -estar presentes en calquera acto público onde se
distribuía de forma masiva, viño artesanal de Quiroga para garantía de
procedencia e bondade. (Viño novo en San Martiño, Feira do Viño en Semana Santa,
Festa da Comunidade de Montes…), -promover espazos de encontro que estimulen a
creatividade en torno ao viño, -protexer o entorno natural así como preservar os
recursos patrimoniais relacionados co mundo do viño etc.
Cada ano a Confraría celebrará un Gran Capítulo que coincidirá co acto de
selección dos viños inscritos para participar na Feira do Viño de Quiroga.
Os membros da Confraría do Viño artesanal de Quiroga participarán
na elección dos viños que se presenten na festa de San Martiño e a festa
da comunidade de montes, para garantir a procedencia e bondade do viño, por
tratarse de actos públicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario