O departamento de deportes do concello
organizou o II torneo de fútbol sala Feira do Viño, que se desputará entre o 26
e o 29 de marzo no pavillón municipal.
O gañador do torneo levará un trofeo e 300 €;
o segundo clasificado trofeo e 150 € e o terceiro clasificado levará un trofeo
e 50 €. Ademais haberá trofeos para o crack do torneo e para o mellor porteiro.
Os partidos que se disputarán a partir das
oito da tarde estarán arbitrados por un árbitro federado.
Os equipos interesados en participar deben de
inscribirse antes do luns 25 de marzo chamando ao teléfono 620.75.22.01 e
aportar unha cuota de inscripción de 50 €.
No hay comentarios:
Publicar un comentario