A comisión
organizadora da XXXI Feira do Viño
reuniuse onte novamente para continuar perfilando os actos que engloba esta
celebración.
Nesta xuntanza, ante
os pronósticos de auga para a fin de semana, tomaron a decisión de instalar unha carpa ao longo da
rúa Real na zona que ocuparán as casetas do viño. Esto conleva que o pregón non
se dará dende o balcón da casa consistorial como estaba previsto, se non que se
trasladará ata o palco da orquestra. Polo demais todo se mantén igual.
Así, o sábado, un pasarrúas a cargo da banda de
gaitas San Martiño anunciará o inicio da feira ás cinco da tarde. Ás seis e
media inaugurarase o recinto feiral que nesta ocasión estará situado nas
inmediacións do concello.
Ás sete os actos trasladaranse ata o Auditorio
Municipal, onde actuará a Coral Polifónica, a banda de gaitas e o grupo de
danzas San Martiño. Ademais entregaranse os premio do certame de Cartas de Amor
Vila de Quiroga, do certame de relato curto e do concurso de debuxo.
Ás oito e media, darase o pregón. O actor Mariano Peña, Mauricio Colmenero na serie Aída,
será o pregoeiro da XXXI Feira do Viño de Quiroga. Unha vez remate o pregón
terá lugar o concurso de camisetas. Un
representante de cada grupo anotado a concurso deberá acceder ao palco do grupo
América SL, que amenizará a festa desa noite, para expoñer a súa camiseta
diante do público e do encargado de escoller ao gañador, que será o propio
pregoeiro da feira, Mariano Peña. O gañador do concurso recibirá un trofeo e
100€ en metálico.
O domingo, ás once da mañá a banda de gaitas “Os do Recanto” farán unha
alborada e preto da unha da mediodía faráselle entrega de trofeos aos trece
colleiteiros participantes nesta edición. Pola tarde a charanga “Terras do
Bibei” poñerá o punto musical.
Durante estes días poderase ver unha exposición de traballos de encaixe
de bolillos, na sala de exposicións da Casa de Cultura, organizada pola
asociación socio cultural da Comarca de Quiroga.
No
recinto feiral haberá unha caseta de información municipal na que membros de
protección civil realizarán novamente controles de alcoholemia preventiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario