O Bar Quiper foi o gañador do II concurso
Quiroga de Tapas coa tapa: Carrillera de porco celta con mousse de foie, adozada
con confitura de figos da terra, salteado con fungos do Caurel ó curri e tella
de queixo.
O concurso de tapas, estaba organizado
polo Concello de Quiroga en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios
de Hostalería.
A representante da zona sur da
Asociación Provincial de Hostalería, Beatriz Vila, encargouse de contar os
votos coa axuda da concelleira de Xuventude, Rosa Arza e do concelleiro de
eventos, José Luis Rivera.
Entre as
cartillas de votación realizouse o sorteo público no que tres participantes
podían gañar diferentes agasallos. Así José Luis Martínez gañou unha estancia
con circuito termal para duas persoas no balneario de Augas Santas en Pantón; Nacho
Baliña gañou unha comida para duas persoas na Ferrería de Rugando, e Juan Luis
Aguado levou unha cesta de produtos típicos de Porvide.
Os votos emitidos polos clientes
determinaron que o tapa gañadora fose a do bar Quiper, ideada por Verónica Quintela.
O establecemento gañador recibiu un premio en metálico de 100 €uros, así como
unha copa honorífica.
Todos os establecementos participantes,
19 en total, recibiron un diploma honorífico pala súa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario